10 xogos de balde ao mercar unha PSPgo

mércores, 2 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Ante a mala resposta do mercado ante a consola portátil de Sony sen unidade de disco (UMD) decidiron lanzar unha promoción que comeza o vindeiro día 9 e remata o 1 de outubro que consiste en que as persoas que adquirisen ou adquiran unha PSPgo entre os meses de abril e setembro poderán descargar de balde 10 xogos da PlayStation Store: Assassin’s Creed: Bloodlines, Grand Theft Auto: Vice City Stories, Gran Turismo, James Cameron’s AVATAR, LittleBigPlanet, MotorStorm Arctic Edge, Need for Speed SHIFT, Pursuit Force: Extreme Justice, 2010 FIFA World Cup South Africa e WpiEout Pure.

PUBLICIDADE