A Biblioteca de Ames comeza un programa de contos na Rede: os Dixicontos
mércores, 18 de novembro do 2020
A
Biblioteca
Municipal de Ames emitirá dende este
mércores 18
até
final de ano unha serie de sesións de conta contos na rede que
reciben o nome de Dixicontos.
Estes programas levaranse a cabo cada mércores, ás 17:00 horas.
O
obxectivo da iniciativa é trasladar as habituais sesións de conta
contos ao mundo dixital, xa que dende a chegada da COVID-
19, estas actividades non se poden realizar de forma presencial na
biblioteca. As animadoras á lectura da Biblioteca Municipal de Ames,
Bibiana Fernández e Divina Calvo, seguirán motivando e axudando aos
cativos todos os mércores dende unha fiestra de Facebook. Desta
maneira, amplíanse ademais, as posibilidades de aforo. Formaran
parte do repertorio, clásicos contemporáneos como A
cebra Camila,
de María Nuñez ou A
Máscara do León,
de Margarita do Mazo.
Non
é a primeira vez que a Biblioteca realiza unha iniciativa como esta.
Xa durante o período de confinamento, as animadoras á lectura da
biblioteca fixeron 3 conta contos virtuais á semana, que se
retransmitiron os luns, os mércores e os venres a partir do
Facebook.
A
Concelleira de Cultura e responsábel
do servizo da biblioteca, Natividade González, sinala que “diante
da adversidade non queda outra que reinventarse e iso xa o
demostraron os técnicos e técnicas da biblioteca municipal de Ames
durante o confinamento, inzando de actividade ás redes; agora,
debido a que as normas de loita contra a pandemia dificultan a
realización das sesións presenciais de contacontos, as animadoras
da biblioteca poñen en marcha os Dixicontos para, deste xeito,
seguir motivando á rapazada a ler e escoitar historias”.
Todos
os usuarios que queiran participar na iniciativa ou informarse sobre
a mesma, poderán visitar a páxina de Facebook da Biblioteca
Municipal de Ames.