A Coruña e a Fundación INCYDE organizan unha xornada formativa sobre facturación electrónica
luns, 10 de febreiro do 2025
O Concello da Coruña e a rede de viveiros da Fundación INCYDE colaboran na organización dunha xornada presencial gratuíta ideada para formar e orientar ás persoas asistentes en materia de facturación electrónica e acceso á plataforma do sector público.
A xornada, que terá lugar no centro municipal de empresas Accede Papagaio (situado na praza do Papagaio) celebrarase o xoves 27 de febreiro, entre as 16.00 e 17.30 horas. Na sesión explicaranse polo miúdo os principais conceptos e novidades no referente á simplificación de procesos administrativos, entre outros aspectos.
A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, animou ás posíbeis persoas interesadas a formalizar a súa inscrición, habilitada xa en liña.
“O Goberno de Inés Rey aposta pola colaboración institucional e interadministrativa para facilitar formacións como esta, moi útiles en materia financeira e fiscal”, expuxo a edil.