A Deputación da Coruña e COGAMI loitarán contra o agravamento da fenda dixital entre os colectivos en risco
luns, 19 de xullo do 2021
O
presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e
o presidente de COGAMI, o
sonense
Anxo Queiruga, anunciaron unha nova colaboración entre ambas as dúas
entidades.
Deste xeito reforzan a súa aposta polo programa de inserción
laboral, que o ano pasado facilitou emprego
a 1.705 persoas con discapacidade
en
Galicia, 714 delas na provincia da Coruña.
Anxo
Queiruga, agradeceu o apoio da Deputación para o desenvolvemento
deste servizo que conta con 18.561 persoas inscritas, 8.064 delas da
Coruña. Neste sentido, a Deputación continúa a reforzar o seu
apoio ao programa a través dunha achega
que incrementou no pasado mandato, pasando dos 60.000 aos 90.000
euros anuais. “Trátase dunha axuda fundamental para un colectivo
con especiais dificultades para acceder ao mercado laboral”,
apuntou o presidente da Deputación da Coruña, engadindo
que un dos obxectivos é poñer o foco nas novas tecnoloxías, tanto
para mellorar a súa formación como para incrementar a súa
empregabilidade.
Doutra
banda, Anxo Queiruga aproveitou para lembrar que “as dificultades
na inserción laboral das persoas con discapacidade estanse a agravar
polas consecuencias sociais e económicas derivadas da pandemia”.
Neste sentido, a iniciativa promove a inclusión laboral das persoas
con discapacidade, que contan cunha taxa de paro que é de 10 puntos
superior e,
trala COVID-19, viron como como se agravaba a problemática da fenda
dixital, xa que se incrementou a necesidade de estar (e traballar) en
liña sen que este proceso viñera parello de grandes iniciativas que
garantisen que o dito proceso fose global e non deixara a ninguén
fóra.