A Deputación da Coruña instala novos códigos QR nos treitos británicos do Camiño Inglés
luns, 14 de outubro do 2024
Os deputados provinciais Bernardo Fernández e Antonio Leira e o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, percorreron o pasado venres 11 de outubro un novo treito desta ruta xacobea en terras británicas, que vai dende a igrexa de Santa MarÃa en Gainford, no condado de Durham, ata a catedral gótica de Ripon, no condado veciño de Yorkshire.
Alà instaláronse as novas sinalizacións creadas pola Deputación da Coruña, que ademais da tradicional frecha amarela, incorporan un código QR co que os peregrinos poden obter cos seus dispositivos móbiles información práctica no seu idioma sobre a ruta, a súa historia e os elementos patrimoniais ou naturais máis relevantes da contorna.
"Cada ano crece o número de persoas británicas que se animan a vivir en primeira persoa a experiencia do Camiño Inglés partindo do quilómetro cero, como facÃan os primeiros peregrinos na época medieval", afirmou Antonio Leira, que sinalou que a viaxe serviu para "avanzar novas vÃas de colaboración coas autoridades do Reino Unido na promoción deste itinerario xacobeo en ambos paÃses"