A Lumix DMC-G3 combina obxectivos intercambiables e pantalla táctil

xoves, 12 de maio do 2011 Marcus Fernández

Panasonic continúa a apostar polas cámaras dixitais de micro catro terzos, de xeito que anuncia oficialmente a Lumix DMC-G3, unha cámara cun sensor Live MOS de 16 Mpíxeles, gravación de vídeo Full HD, son estéreos en AVCHD, un 66% menos de ruído grazas a unha maior sensibilidade ISO, capaz de disparar 4 imaxes por segundo a resolución completa, cunhas medidas de 115,2 x 83,6 x 46,7 milímetros e un peso de 336 gramos.
Amais, esta cámara tamén conta cunha pantalla LCD táctil de 3 polgadas, que pode empregarse tanto para moverse polos menús e realizar axustes como para enfocar a un elemento determinado que se vexa en pantalla premendo sobre el.
Sairá á venda o mes que vén a uns 700 dólares (incluíndo un obxectivo de 14-42 milímetros) en varias cores (negro, branco, vermello e marrón).

PUBLICIDADE