A Lumix GX9 permite gravar vídeo 4K

martes, 13 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

As cámaras fotográficas cada vez conseguen encerrar máis tecnoloxía nun menor espazo, e boa proba diso é a nova Lumix GX9, cámara DSLM de Panasonic que presenta un corpo compacto que a converte nunha cámara ideal para a fotografía urbana. Conta cun sensor Digital Live MOS de 20,3 Mpíxeles sen filtro de paso baixo para garantir a captura dos detalles máis precisos e amplo rango dinámico. Consegue reproducir as cores con grande fidelidade grazas a un sistema de control tridimensional. O seu procesador Venus Engine ofrece imaxe de alta precisión e naturais, incluso en condicións de pouca luz, que mediante un proceso de redución de ruído conséguense preservar os detalles ao máximo.
Esta nova cámara presenta a tecnoloxía DFD (Depth from Defocus) e destaca en velocidade e precisión ao intercambiar un sinal dixital entre a cámara e o obxectivo a un máximo de 240 fotogramas por segundo, o que supón que consegue un enfoque automático duns 0,07 segundos e refoladas de alta velocidade a 9 imaxes por segundo en AFS ou 6 imaxes por segundo en AFC para capturar obxectivos que se moven rapidamente.
O novo visor da cámara inclínase até 80 graos, o sensor do visor inicia automaticamente o autoenfoque en canto detecta o ollo para garantir que non se perda ningunha oportunidade de disparo e ten unha resolución de 2,76 Mpíxeles.
A Lumix GX9 tamén incorpora un estabilizador de imaxe Dual I.S. de 5 eixes para suprimir os tremores de xeito efectivo, o que conséguese combinando un estabilizador óptico de imaxe de 2 eixes e un estabilizador de imaxe no corpo de 5 eixes.
Pero un dos detalles máis salientables desta cámara tan compacta é que é capaz de gravar vídeo 4K a 30/25/24 fotogramas por segundo en MP4, contando tamén coa opción de gardar cada fotograma como unha FOTO 4K (ou sexa, unha imaxe de 8 Mpíxeles). Tamén presenta unha función Post Focus, que permite aos usuarios seleccionar a área enfocada despois de disparar.
Á cámara non lle faltan nin conectividade Bluetooth 4.2 nin Wi-Fi N, o que facilita compartir imaxes de xeito remoto ou utilizar o smartphone a xeito de mando a distancia.
A Lumix GX9 sairá á venda a primeiros de marzo a un prezo recomendado de 699 libras (786 euros) sen obxectivo.

Vídeo promocional da Lumix GX9

PUBLICIDADE