A Maker Faire Galicia 2022 rematou con chuvia de premios e máis de 10.000 visitantes

martes, 7 de xuño do 2022 S. P.

Finalmente pechou cun novo éxito de participación e repercusión a nova edición da Maker Faire Galicia, a primeira edición en formato híbrido da historia deste evento galego de tecnoloxías abertas, integradoras e participativas, o máis importante da súa índole do panorama estatal. Segundo salientou a organización (Design Thinkers and Makers), a oitava entrega do evento destacou “tanto polo grao de innovación dos proxectos presentados como pola calidade dos relatorios e a gran oferta de obradoiros”. Durante as 5 xornadas da Maker Faire Galicia 2022 celebráronse 3 competicións de proxectos, unha no ámbito da industria e as startups, outra no educativo e a última na xornada de portas abertas.
Nas xornadas da industria os proxectos gañadores foron:
1º Agrodomo Inteligente - Centro de Diseño Tecnológico Industrial del Valle (Colombia)
2º SmartPAL - Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC
3º Siluro - Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo
Por outra banda na xornada educativa os proxectos gañadores resultaron ser os seguintes
Na categoría MiniMakers:
Miniciudad inteligente - CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón
Na categoría Makers:
Adapta Maker - CEE Ntra Sra Lourdes e IES Menendez Pidal
Na categoría MakersPro:
Chatterbox Salesianos Zaragoza
Proxecto máis popular: Aeronave tripulada - CIFP As Mercedes
E xa nas xornadas abertas os proxectos galardondos foron:
Na categoría Divulgación:
1º Premio - Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC
2º Premio - Mundobichos
3º Premio - NeurotechGal
Recoñecemento do xurado – VermisLAB
Na categoría Makers:
1º Premio - Bastón electrónico 2.0 - Juan Antonio Sánchez
2º Premio - EduMaker Ghana - Fab Lab Xtrene Almendralejo
3º Premio - Robots de cine - Project Droid
Na categoría MiniMakers:
Miniverso - Noa e Leo
Healthy Kingdom - VermisLAB
PatacaCHÚ – VermisLAB
Durante a xornada do domingo tamén se entregou o premio ó proxecto gañador da terceira edición da Game Maker Jam, que foi para Find de Vaca-Bot de BIBALLO (Madrid). Ademais, Luz Castro xurado da Game Maker Jam, foi agasallada co premio á colaboradora máis friki da Maker Faire Galicia 2022.
Seguidamente tivo lugar o recoñecemento ó proxecto gañador do hackathon de tecnoloxías de apoio, que foi para o equipo composto por Begoña Trujillo, Pilar González, Rosa María Chacón, Jesús Escandón, Juan Antonio Sánchez, Sergio Dacal e Yago-Nguyen Rodríguez, que resolveu o reto proposto pola ONCE e que consistía no recoñecemento facial en porteiros automáticos para persoas cegas ou xordo-cegas
Para pechar o evento, a organización decidiu outorgar o premio Maker De Mérito a Gitanjali Rao, por “ser unha referente do mundo maker a nivel internacional e por traballar en solucionar os grandes problemas da humanidade”.
Os datos provisionais confirmaron que máis de 10.000 visitantes acudiron á feira tecnolóxica, tanto virtuais como presenciais, durante as 5 xornadas que durou o evento.
A 8ª edición da Maker Faire Galicia 2022 contou entre outros co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Fundación Cidade da Cultura e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD). Realizouse coa colaboración de la Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia e Innovación.

PUBLICIDADE