A Nikon 1 J5 é capaz de gravar vÃdeo en 4K a 15 fps
luns, 6 de abril do 2015
A nova cámara dixital compacta con obxectivos
intercambiables Nikon 1 J5
sorprende ao ser a primeira cámara sen espello de Nikon en ser capaz de gravar
vÃdeo a 4K, pero tal prestación non deixa de ser unha simple anécdota, xa que
tal funcionalidade vai só a 15 cadros por segundo, o que resulta claramente
insuficiente, de xeito que os consumidores que aposten por esta cámara deberÃan
facelo pensando no resto das súas prestacións, como un sensor de 20,8 MpÃxeles,
unha pantalla táctil LCD abatible até 180 graos, un grande control manual,
numerosos efectos e incluso conectividade Wi-Fi e NFC integradas.
Esta cámara sen espello tamén destaca pola súa velocidade, sendo capaz de facer
até 20 disparos continuos por segundo con enfoque automático ou até 60 disparos
por segundo co foco fixo; a sensibilidade do seu sensor, xunto co procesado de
imaxe EXPEED 5A, permite imaxes ricas en cores, tons e detalles, deixándonos
tamén movernos entre unha ISO de 160 até 12.800; o seu dial fÃsico de ordes fai
máis doado o seu control; e a mencionada conectividade sen fÃos permite que as
imaxes que marquemos se transfiran a dispositivos con iOS ou Android para
facilitar que poidamos compartilas co mundo cando esteamos en mobilidade, á vez
que tamén facilita o uso do smartphone como mando a distancia da cámara.
Pese a que o vÃdeo en 4K a só 15 fotogramas por segundo sexa unha decepción,
esta cámara de Nikon resulta moi válida para a gravación de vÃdeo, sendo capaz
de gravar en Full HD a 60 imaxes por segundo en modo progresivo. Permite facer time-lapses, rexistra numerosos detalles
durante a gravación de vÃdeo grazas a Active D-Lightning e mantén a imaxe
estable grazas á tecnoloxÃa de Electronic Vibration Reduction (VR).
Entre as grandes vantaxes desta cámara destaca o grande número de accesorios
dispoñibles para a mesma, xa que é compatible cos obxectivos 1 NIKKOR, aÃnda
que tamén é posible empregar un adaptador para poder empregar un aÃnda máis
completo abano de obxectivos NIKKOR (asà como mandos a distancia e flashes).
A cámara chegará en breve ao mercado, tendo un prezo recomendado de 499,95
dólares para o seu modelo básico (cun obxectivo 10-30 mm).
- A pantalla abatible dá unha grande versatilidade á cámara
Presentación en vÃdeo da Nikon 1 J5