A Nikon D3100 permite gravar vídeo a 1.080p con enfoque automático continuo

xoves, 19 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Os afeccionados á fotografía que gusten das cámaras réflex e que non queiran prescindir da gravación de vídeo dende as mesmas poden agora optar a facerse cunha Nikon D3100, que cun sensor CMOS de 14,2 Mpíxeles cunha sensibilidade ISO 100-3.200 (que pode forzarse ata un ISO de 12.800) e unha velocidade de disparo de 3 imaxes por segundo tamén é capaz de gravar vídeo a 1.080p a 24 fotogramas por segundo en formato H.264 (con extensión .mov) ou a 720p a 30 imaxes por segundo cun sistema de enfoque automático continuo que permite evitar os bruscos desenfoques que presentan moitas cámaras deste tipo durante o rexistro de vídeo á vez que achega a calidade de enfoque suficiente como para que o vídeo en alta definición non luza mal.
Tamén resulta rechamante o feito de que esta cámara saia á venda en setembro por 699 dólares, o que é un prezo bastante axustado para unha cámara tan avanzada.

PUBLICIDADE