A Nikon D800 HD-SLR contará cun sensor de 36,3 Mpíxeles

martes, 7 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

A cámara ten un formato relativamente compacto

Para levar a resolución das fotografías ao máximo nivel sen deixar prestacións multimedia polo camiño chega a nova cámara Nikon D800 HD-SLR, que conta cun sensor CMOS de 36,3 Mpíxeles, un sistema de enfoque automático baseado en 51 puntos, un formato bastante compacto e lixeiro, e a posibilidade de gravar vídeo a 1.080p (incluso con control manual) e amosar os seus resultados a través de HDMI.
Estamos ante o que podería ser a cámara definitiva para moitos profesionais, por combinar altas prestacións con manexabilidade, que conta cunha pantalla LCD de 3,2 polgadas (e 921.000 píxeles), conectividade USB 3.0, compatibilidade con tarxetas de memoria SD e CF, e un prezo estimado de 3.299,95 dólares cando chegue ao mercado o mes que vén.

A D800 pode tomar fotografías a 36 Mpíxeles e gravar vídeo Full HD

PUBLICIDADE