A Nintendo Switch supera en vendas á Wii
xoves, 3 de febreiro do 2022
Na presentación dos
seus últimos resultados financeiros Nintendo dá conta dun dato moi significativo:
a familia de consolas Nintendo Switch superaron os 100 millóns de unidades
vendidas (concretamente venderon 103,54 millóns de unidades dende o seu
lanzamento en marzo de 2017). Isto quere dicir que a Switch superou en vendas á
Wii, que foi todo un fenómeno de masas, polo que podemos entender que estamos
ante a consola doméstica de maior éxito de Nintendo, e prevéndose que en pouco
poida superar as vendas da PlayStation 4 e da Game Boy.
Máis difÃcil será superar á Nintendo DS e á PlayStation 2, xa que ambas
plataformas superaron os 150 millóns de unidades, aÃnda que iso dependerá
principalmente do tempo que tarde Nintendo en lanzar unha nova consola, pois
parece confirmado que a estratexia que está a seguir a compañÃa nipoa, allea
totalmente á guerra das consolas de nova xeración, é todo un acerto, e a
proposta de consola hÃbrida entre doméstica e portátil conseguiu conquistar a
un grande público pese a que moitos analistas daban por mortas ás consolas de
videoxogos ante a explosión do xogo móbil.
Cómpre salientar que as vendas da Switch veñen acompañadas dunhas vendas
impresionantes dos seus xogos, con Mario Kart 8 Deluxe presumindo de
43,35 millóns de unidades vendidas; Animal Crossing: New Horizons
converténdose no grande éxito da pandemia con 37,62 millóns de unidades; Super
Smash Bros. Ultimate sumando uns sólidos 27,40 millóns de unidades; The
Legend of Zelda: Breath of the Wild chegando aos 25,80 millóns de unidades
vendidas mentres agarda pola súa secuela; e con Pokémon Espada/Escudo
con 23,90 millóns de unidades vendidas, demostrando que a franquÃa de Pokémon
tamén pode ter grande éxito fóra das consolas puramente portátiles.
Tamén é moi curioso ver como moitos dos supervendas para Nintendo Switch son
xogos lanzados orixinalmente para Wii U, consola que tivo moi pouca aceptación,
de xeito que millóns de xogadores achegáronse a eses tÃtulos no seu remake
para Switch.