A-PAD, un Tablet PC ultraportátil de baixo custo

mércores, 2 de xullo do 2008 Marcus Fernández

O A-PAD funciona coma un Tablet PC

Os ultraportátiles de baixo custo poden comezar a dar lugar a equipos realmente impresionantes, coma o A-PAD que Aware venderá dentro de 2 meses por 300 dólares, o que non lle impide integrar nun mesmo dispositivo unha pantalla táctil de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, un procesador a 800 MHz, 512 Mb de RAM, 4 Gb de memoria Flash, Wi-Fi, Bluetooth, webcam, 2 portos USB, Ethernet, saída VGA, lector de tarxetas MMC/SD, batería cunha autonomía dunhas 4 horas, unhas medidas de 225 x 165 x 40 milímetros e só 870 gramos de peso, que vén co sistema operativo LINOS 2.6.21 preinstalado.
Amais, a pantalla do equipo sería rotatoria, polo que se podería dicir que este equipo é coma un Asus Eee PC 701 convertido nun Tablet PC, que incluso se venderá con opcións para engadirlle conectividade 3G e GPS.
Na actualidade xa existen varios equipos tipo Tablet PC de reducido tamaño, pero ata o momento o seu prezo dista bastante dos 300 dólares, polo que os usuarios que gusten destes equipos estarán encantados de poder optar a ordenadores deste tipo de baixo custo.

PUBLICIDADE