A Rede de Coworking da Deputación da Coruña acubilla xa 11 centros e 84 proxectos innovadores
mércores, 29 de marzo do 2023
O
GreenCoworking
das Pontes acolleu este mércores 29 de marzo un encontro de
coordinación da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo
da Deputación da Coruña. O presidente provincial e alcalde da
localidade, Valentín González Formoso, foi o anfitrión da xornada,
na que destacou que, “cinco anos despois da posta en marcha do
primeiro centro da Rede”, son xa 11 os coworkings en
funcionamento na provincia con sedes en Oleiros, Boiro, Brión,
Carballo, Ames, Moeche, A Capela, Vedra, As Pontes, A Pobra e
Santiago. Isto tradúcese en 84 proxectos innovadores impulsados pola
Rede, amais de 178 empregos materializados.
“Trátase
dun modelo único en España”, dixo o presidente, salientando que
se trata dun formato “baseado na especialización de cada un dos
centros nun sector laboral determinado, o que permite crear sinerxías
e axudar a que o talento da nosa xente moza poda desenvolver aquí as
súas ideas de negocio e contribuír a crear emprego e oportunidades
de futuro no rural”.
González
Formoso enxalzou este compoñente específico de todos os centros da
Rede, por exemplo o do Pazo de Arenaza de Oleiros, que acolle
iniciativas emprendedoras relacionadas coa arquitectura e o
urbanismo; ou o coworking A Proa de Ames, especializado en
empresas do sector audiovisual ou de base tecnolóxica; ou o
LAB-Barbanza, en Boiro, centrado no sector conserveiro e a
transformación de produtos do mar; ou os centros de Brión e Moeche,
na transformación dos produtos do agro; ou o GreenCoworking pontés
nas enerxías renovábeis e o hidróxeno.
“Os
centros teñen un marcado carácter comarcal e a súa finalidade é
axudar a desenvolver sectores produtivos e profesionais específicos
en cada comarca. O noso obxectivo é acompañar e titorizar ás
emprendedoras e emprendedores na posta en marcha dos seus proxectos,
prestarlles servizos e facilitar que compartan experiencias, creando
sinerxías e transferencias de coñecemento que impulsen o
desenvolvemento das súas ideas de negocio e o nacemento de novos
proxectos”, afirmou o presidente da Deputación.
Formoso
subliñou a importancia de apoiar desde as administracións o
emprendemento e a creación de emprego, unha das liñas de acción
principais do seu goberno a través do Plan de Emprego Local (PEL),
que “ademais de impulsar esta pioneira rede de apoio ao
emprendemento supuxo a creación de máis de 5.300 empregos nos
sectores público e privado e apoio económico para mellorar a
competitividade de máis de 3.000 pequenas empresas creación e
persoas autómomas a través das súas liñas de axudas”, comentou.
A
xornada
Con
este encontro, a Deputación da Coruña quixo facer balance dos
primeiros cinco anos da Rede, crear novas liñas de colaboración
entre os once centros e establecer estratexias de actuación comúns,
ao tempo que os diferentes equipos xestores intercambian boas
prácticas.
A
parte central da xornada dedicouse a facer balance dos primeiros anos
de funcionamento da Rede e de pór en valor todos os servizos comúns
cos que conta: web, campus, servizos de mentoring e
titorización de proxectos, coworking VISA, que permite aos
coworkers traballar desde calquera dos once centros da
provincia, etc.
Durante
a mañá tamén houbo tempo para visitar as instalacións do
GreenCoworking As Pontes e coñecer en detalle algúns dos proxectos
que alberga, cunha visita guiada por parte da xestora deste espazo,
así como para coñecer a actividade de SEARA, a entidade empresarial
pontesa que comparte a sede do centro, da man do seu presidente, José
Castro.
A
continuación realizouse unha breve presentación do estado de
situación de cada un dos 11 coworkings.
Tras
o peche da xornada tivo lugar espazo para o networking e
intercambio de opinións entre o persoal técnico, as asistencias
técnicas xestoras de espazos e a parte política da Rede.
Ademais
do presidente provincial, Valentín González Formoso; o acto contou
coa asistencia do deputado de Emprego, José Ramón Rioboo Castro; o
alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro; o alcalde de
Boiro, José Ramón Romero; o tenente alcalde de Vedra, Enrique
Vázquez; Manuel Varela, concelleiro de Desenvolvemento Local,
Participación Veciñal e Xestión Interna de San Sadurniño; Araceli
Bellas Castro, concelleira de Igualdade de San Sadurniño; Ana Belén
Paz, concelleira de Promoción Económica de Ames; María Pais,
presidenta da Cámara de Comercio de Santiago; José Castro Romero,
presidente da asociación SEARA; persoal técnico e xestor de todos
os espazos de traballo colaborativo integrantes da Rede Provincial.
A
Rede de Coworking da Deputación está actualmente polos seguintes
centros:
·
Coworking Pazo de Arenaza (Oleiros)
·
Emprende LAB-Barbanza (Boiro)
·
Daquí Darredor (Brión)
·
Coworking Carballo (Carballo)
·
Coworking A Proa (Ames)
·
Centro Comarcal de Desenvolvemento Rural A Fusquenlla
(Moeche)
·
Coworking A Capela (A Capela)
·
Centro de emprendemento A Estación (Vedra)
·
Green coworking (As Pontes)
·
Coworking A Pobra
·
Coworking Dixital Ccompostela (Santiago)
Podemos
atopar máis información na súa páxina web.