A TVG ofrece en primicia novos episodios de Método Criminal a través da web

venres, 21 de maio do 2021 Marcus Fernández

A Televisión de Galicia leva uns días dinamizando a súa presenza na Rede, con retransmisións en directo a través de YouTube e Twitch, e agora tamén potenciando EnSerie.gal, sección do seu servizo de televisión á carta destinado ás series de ficción, que dende hoxe ofrecen capítulos da serie de humor Método Criminal antes da súa emisión a través da televisión tradicional.
O capítulo 16 da serie, cuxa emisión está prevista para o vindeiro domingo, xa está dispoñible en EnSerie.gal, pero tamén o capítulo 17, de xeito que a web da Galega tería unha vantaxe de 2 episodios fronte a TDT, o que pode lembrar á estratexia que seguen outras canles de televisión, que ofrecen episodios en primicia a través das súas plataformas de vídeo baixo demanda.
Será interesante ver se este tipo de estratexia consegue que o servizo de vídeo baixo demanda incremente o seu uso, aínda que cómpre lembrar que EnSerie.gal é unha canle chamada a ser substituída por unha OTT propia da CRTVG na que estarán dispoñibles os contidos de ficción da Galega.

EnSerie.gal ofrece actualmente un par de emisodios de Método Criminal inéditos en televisión

PUBLICIDADE