A Xbox 360 terá unha edición limitada de Halo: Reach

venres, 23 de xullo do 2010 Marcus Fernández

O vindeiro 14 de setembro sairá á venda unha edición limitada da Xbox 360 que busca homenaxear ao xogo Halo: Reach, e que en España só estará dispoñible a través da cadea de tendas GAME. A consola contará cun exclusivo deseño de cor prata, 2 mandos sen fíos e uns auriculares decorados con motivos do xogo de Bungie, do que tamén se incluirá unha copia, así coma un código para descargar unha exclusiva armadura Elite e un episodio da miniserie animada Halo Legends.
Esta edición limitada corresponden á nova Xbox 360, ou sexa, que conta cun disco duro de 250 Gb e Wi-Fi N, e será unha boa oportunidade para os afeccionados á saga Halo que queiran renovar a súa consola.

PUBLICIDADE