A Zoom H6 facilita gravar son de calidade mentres gravamos vÃdeo cunha cámara réflex
venres, 14 de xuño do 2013
Para a xente que gusta gravar vÃdeos cunha cámara réflex dixital,
e que queira gozar dunha boa calidade sonora (especialmente para rexistrar
música), o mes que vén van contar cunha opción moi interesante, unha revisión
da gravadora de audio Zoom H4N, que pode montase na zapata da cámara e que acepta
4 cápsulas de micrófono intercambiables para adaptarse a distintas condicións
de gravación. A nova gravadora
Zoom H6 pode gravar ata 6 pistas de audio simultáneas, conta cunha pantalla
de cor para comprobar os niveis de reprodución e gravación, grava en tarxetas
SD de ata 128 Gb de capacidade, é compatible con formatos de son MP3 e WAV
(incluÃndo audio HD de 24 bits a 96k), permite conectar ata 4 micrófonos
XLR/TRS (con selectores de ganancia independentes e varios voltaxes de
alimantación), USB para trasferir os datos a software de edición de audio e
funciona ata 20 horas seguidas con 4 baterÃas AA.
O prezo desta gravadora será duns 400 dólares (299,70 euros), o que non é
disparatado para un produto con calidade profesional como os que nos ten afeito
Zoom, que desta volta achega un nivel de versatilidade moi elevado.
- A gravadora acepta distintos tipos de cápsulas de micrófono
VÃdeo de presentación da nova gravadora de Zoom