A cámara Flip Mino HD achega a simplicidade ao vídeo de alta definición

mércores, 12 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Pure Digital actualizou a súa gama de cámaras Flip, que permite rexistrar vídeo en dispositivos de pequeno tamaño e peso, incorporando o modelo Flip Mino HD, que conta cunha memoria de 4 Gb na que se pode gravar preto dunha hora de vídeo en formato MPEG-4 cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, o que é unha interesante achega ao vídeo de alta definición (sen chegar ao Full HD).
Esta nova cámara se vende nos EE.UU. por 229,99 dólares, só 50 dólares máis cara que o seu modelo de definición estándar (que en Europa se vende por uns 169 euros). Conta con saída de televisión e se conecta ao ordenador por USB (o seu conector está agochado na propia cámara), tralo que se poden editar os vídeos gravados grazas ao programa Flipshare incluído coa mesma e que funciona tanto en Windows coma en Mac OS X, resultando moi doado de utilizar e que incluso conta coa opción de exportar o resultado final a YouTube, MySpace ou AOL Video.

O reducido tamaño da cámara facilita a súa portabilidade

PUBLICIDADE