A cámara Fujifilm X-H1 aposta pola gravación de vÃdeo
xoves, 15 de febreiro do 2018
A serie X de Fujifilm recibe a súa cámara de maior
rendemento, a Fujifilm
X-H1, cun corpo robusto e duradeiro, que incorpora unha serie de
caracterÃsticas de grande utilidade para o seu uso en diversos escenarios
demandados por fotógrafos e produtores de vÃdeo profesionais. Estamos ante o
primeiro modelo da gama en incluÃr estabilizador de imaxe corporal de 5 eixes
(IBIS), cun máximo de 5,5 paradas e un modo de redución de pestanexo que
mellora a calidade da fotografÃa deportiva en interiores. Tamén destaca por
incluÃr o modo ETERNA, co que simúlase a gravación en pelÃcula cinematográfica.
A Fujifilm X-H1 monta un sensor X-Trans CMOS III de 24,3 MpÃxeles sen filtro de
paso baixo e cun tamaño APS-C que en combinación cos obxectivos Fujinon
consegue unha magnÃfica reprodución de cores e detalles.
O seu corpo é
resistente a po e auga, e incluso pode empregarse a 10 graos baixo cero, polo
que é un bo equipo para traballar en exteriores. Inclúe un visor de 3,69
MpÃxeles e unha pantalla LCD traseira de 3 polgadas, asà como un pequeno display superior de 1,28 polgadas (para
facilitar información sobre o disparo fotográfico ao momento).
AÃnda que esta nova cámara ofrece unha grande calidade fotográfica, para a
gravación de vÃdeo tamén ten moitas virtudes, sendo capaz de gravar en varios
formatos de ultra alta definición até a 200 Mbps, mentres que en Full HD conta
con modos de cámara lenta (até 120 fotogramas por segundo).
A X-H1 sairá
á venda o 1 de marzo nos EE.UU. a un prezo de 1.899,95 dólares (1524 euros).
VÃdeo promocional da cámara Fujifilm X-H1