A cámara Fujifilm X-T200 destacará polas súas posibilidades de gravación de vÃdeo
xoves, 23 de xaneiro do 2020
A cámara Fujifilm X-T200
que presentan hoxe dende o Xapón é unha interesante proposta que chegará ao
mercado a finais do mes que vén e que trátase dunha cámara sen espello con
obxectivos intercambiables e un peso de só 370 gramos equipada cun sensor APS-C
de 24,24 MpÃxeles e prestacións que poden resultar moi atractivas, como unha
tecnoloxÃa de reprodución de cor única e a posibilidade de gravar vÃdeo en 4K
de xeito estable ou con HDR, de xeito que pode resultar práctica tanto para
conseguir instantáneas de calidade como para conseguir boas gravacións de vÃdeo.
Unha das caracterÃsticas máis visibles da X-T200 é a súa pantalla táctil de 3,5
polgadas que pode abaterse para facilitar o seu uso en máis posturas (presentando
un brillo máximo dunhas 1.000 candeas de xeito que pode ser visible en
exteriores nun dÃa soleado).
No que se refire á gravación de vÃdeo, un dos puntos fortes da cámara, temos
que opde gravar en 4K a 30 imaxes por segundo ou a 60 imaxes por segundo en
Full-HD, contando con modo de gravación con HDR, modo de cámara lenta a 120
imaxes por segundo e unha opción bastante sorprendente: é
a primeira cámara dixital de Fujifilm con modo de gimbal dixital,
que aproveita os xiroscopios da cámara para evitar vibracións durante a
gravación de vÃdeo, prestación moi habitual en smartphones, pero non tan
habitual en cámaras fotográficas.
Prevese que esta cámara custe 699,95 dólares solta e 799,95
dólares cun obxectivo de 15-45mm.
VÃdeo promocional da Fujifilm X-T200