A cámara Pentax Optio X90 incorpora un zoom de 26x

xoves, 25 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Na fotografía dixital cada vez está máis claro que a calidade das imaxes ten pouco que ver coa súa resolución en megapíxeles, o que explica o lanzamento da nova Pentax Optio X90, que será o novo modelo de referencia da súa compañía e, aparte do seu sensor de 12,1 Mpíxeles e unha pantalla LCD de 2,7 polgadas, goza dun novo obxectivo que permite un zoom de 26x.
Pese a que no básico esta cámara parece moi solvente, incorpora outras tecnoloxías destacables, coma unha saída micro-HDMI, porto USB 2.0 e compatibilidade coas tarxetas SD sen fíos Eye-Fi (á venda por separado). No tocante ao vídeo, a Pentax Optio X90 é capaz de rexistrar clips en alta definición a 720p.
Agárdase que esta nova cámara chegue ao mercado norteamericano en abril a un prezo de 399,95 dólares (295,42 euros), aínda que non está confirmada a súa data de lanzamento europea.

PUBLICIDADE