A cámara Samsung VM-HMX20 permite gravar a 1.080p
luns, 12 de maio do 2008
Coa chegada dos televisores
de alta definición aos salóns domésticos as gravacións de vÃdeo caseiras en
miniDV se ven como antes se miraba ás cintas VHS-C ou 8mm, polo que os
fabricantes xa están a lanzar cámaras con capacidades de alta definición que no
caso da nova
Samsung VM-HMX20 parecen cubrir as expectativas de calquera consumidor
non profesional, pois permite gravar en progresivo a 1.080 liñas a 30
fotogramas por segundo.
A cámara ten un sensor CMOS de 6,4 MpÃxeles cunha sensibilidade máxima de 3.200
ISO, estabilizador de imaxe e capacidade para gravar a 300 fotogramas por
segundo durante 10 segundos (para
facer escenas a cámara super-lenta). As gravacións rexÃstranse na
súa memoria Flash interna de 8 Gb ou en tarxetas SD/SDHC.
Polo momento sairá
á venda en Corea do Sur a 899.000 wons (557,44 euros) o que é un
prezo bastante axustado para unhas prestacións sumamente atractivas.