A cámara Samsung WB110 terá sensor de 20,2 MpÃxeles e zoom óptico de 26x
venres, 5 de xullo do 2013
A familia de cámaras fotográficas de Samsung con zoom de
grande alcance, a WB, recibe un novo integrante, a Samsung
WB110, que completa o seu sensor de 20,2 MpÃxeles cun zoom óptico de 26x,
facilitando que poidamos captar a acción de acontecementos que teñan lugar a
certa distancia sen prescindir dunha lente de ultra grande angular para poder
recoller o que acontece ao noso redor.
Esta nova cámara ten unha pantalla LCD de 3 polgadas (cunha resolución de 480 x
360 pÃxeles) cun sistema de brillo auto-axustable, grava vÃdeo en alta
definición a 720p, ten unha ISO de entre 80 e 3.200, inclúe saÃda HDMI 1.4, funciona
con tarxetas de memoria SD de ata 64 Gb de capacidade, usa 4 baterÃas AA, mide
114,48 x 79,26 x 86,45 milÃmetros e pesa 385 gramos (sen baterÃa). Temos asÃ
unha cámara que non destaca polas súas prestacións técnicas, pero que pode
resultar de grande utilidade para quen non queira cargar dunha cámara con
obxectivos intercambiables pero poder gozar igualmente dunha cámara que permita
disparar imaxes a unha elevada resolución e rexistrar imaxes a unha distancia
considerable (o que resulta especialmente interesante, por exemplo, para captar
o que acontece durante un evento deportivo).
- A nova cámara de Samsung destaca polo seu xeneroso zoom óptico