A cámara deportiva iON Air Pro 3 Wi-Fi pode controlarse dende dispositivos móbiles
luns, 4 de novembro do 2013
As
cámaras deportivas continúan o seu constante avance, e para pórllo máis difÃcil
ás populares GoPro, a mediados de mes vai pórse á venda a nova iON
Air Pro 3 Wi-Fi, cámara de pequeno tamaño que pode levarse enriba de xeito
doado para capturar vÃdeo de alta calidade e fotografÃas para recoller grandes
momentos principalmente nunha perspectiva de primeira persoa que neste caso
destaca pola súa resistencia á auga e por contar con conectividade Wi-Fi para
permitir a súa configuración e manexo a través de dispositivos con iOS e Android.
Esta impresionante cámara de só 142 gramos de peso (cunhas medidas de 37 x 107
milÃmetros) pode somerxerse ata 15 metros, integra unha baterÃa de 1.200 mAh (o
que permÃtelle unha autonomÃa de ata 2,5 horas de gravación), a súa lente
grande angular permite unha visión de ata 160 graos, pode disparar fotografÃas
de 12 MpÃxeles e grava vÃdeo ata a 1.080p a 60 imaxes por segundo (ou ata 720p
a 120 imaxes por segundo). Emprega como almacenamento tarxetas microSD de ata
64 Gb (suficiente para almacenar unhas 8 horas de vÃdeo Full HD) e grava os
vÃdeos en formato Quicktime (MOV) con compresión H.264.
O prezo de venda desta atractiva cámara deportiva será de 349,99 dólares (253,42
euros) nos EE.UU. Dende España podemos adquirir polo momento a iOS
Air Pro 2 Wi-Fi por 299,99 euros.
- A nova cámara deportiva pode controlarse dende dispositivos con Android e iOS
VÃdeo promocional da iON Air Pro 3 Wi-Fi