A cámara dixital Nikon Coolpix S800c chega con Android 2.3, Wi-Fi e GPS
mércores, 22 de agosto do 2012
Tras rumores e filtracións sobre unha cámara de Nikon co
sistema operativo Android 2.3, finalmente faise oficial, e na Coolpix
S800c temos unha cámara dixital compacta cun sensor CMOS de 16 MpÃxeles,
zoom óptico de 10x e gravación de vÃdeo en alta definición a 1.080p, que
destaca fronte aos seus competidores por contar cunha pantalla OLED táctil de 3,5
polgadas (dende a que controlar o trebello que permite o uso de aplicacións
descargadas de Google Play), conectividade Wi-Fi (para publicar na Internet os
contidos capturados e acceder á web), GPS (para poder xeoposicionar fotografÃas
e vÃdeos) e contar cunha infinidade de
filtros e efectos para mellorar ou dar un toque artÃsticos ás nosas
fotografÃas.
- Grazas a Android 2.3 a nova cámara de Nikon incorpora posibilidades inéditas nun dispositivo deste tipo
Con todo isto enténdese que esta cámara, que ten como prezo 349,95 dólares nos EE.UU., está pensada para poder transferir de xeito doado e sen fÃos as nosas imaxes e vÃdeos aos nosos equipos informáticos, poder publicar os contidos capturados en Facebook e outras plataformas dun xeito áxil e incluso para poder empregarse como reprodutor multimedia portátil, de xeito que poderÃa considerarse como un smartphone que non pode efectuar chamadas, pero que toma fotografÃas cunha calidade moi superior (especialmente polo seu zoom).