A consola libre Pandora xa é unha realidade
venres, 12 de febreiro do 2010
Hai
un par de anos comentamos que un grupo de desenvolvedores estaba a
traballar na creación dunha consola de videoxogos portátil pensada para o uso
de aplicacións caseiras
(principalmente emuladores de consolas de xeracións anteriores) e que
responderÃa ao nome de Pandora,
e nas últimas horas, con moitos meses de retraso, completouse o seu proceso de
fabricación, de xeito que os
usuarios que a encargaron comezan a recibir as primeiras unidades deste
trebello que funciona cun procesador ARM Cortex A8 a 600 MHz que
opera co sistema operativo Linux, conta con hardware compatible con PowerVR SGX
OpenGL 2.0 ES, goza dunha pantalla táctil de 4,3 polgadas cunha resolución de
800 x 480 pÃxeles, Wi-Fi, Bluetooth, USB 2.0, 2 lectores de tarxetas SDHC,
saÃda de televisión, cruceta dixital e dobre control analóxico, teclado QWERTY
de 43 botóns e teclado numérico e unha baterÃa cunha autonomÃa de máis de 10
horas, que pode conseguirse por uns 330
dólares (242 euros).
Quedará agora por ver se este tempo de traballo pagou a pena, e xa comentan que
a nova consola portátil será capaz de correr xogos da primeira PlayStation mediante
o emulador psx4pandora, como exemplo da potencia que conta o trebello. É de
agardar que, aÃnda que non sume unhas vendas espectaculares, goce dun
importante apoio da scene, para
xuntar un nutrido grupo de desenvolvedores ao seu redor, que poidan convertela
en todo un produto de culto.