A galega Blusens presenta o seu novo reprodutor portátil: o P41

martes, 22 de maio do 2007 Fernando Sarasketa

A empresa galega Blusens vén de presentar en Madrid o seu novo reprodutor portátil multimedia: o P41. Este aparello, entre outras moitas características inclúe pantalla TFT de 2,4 polgadas e resolución QVGA (320 x 240 e máis de 260.000 cores) e é compatible cos formatos de vídeo e audio máis espallados. Asemade, integra unha pantalla de 1,3 megapixeles de resolución que presenta tres grandes utilidades: gravación de vídeo, obtención de fotografías e rexistro da imaxe ó xeito das webcam.
A capacidade de almacenamento de ficheiros deste trebello (ó que tamén podemos usar como consola para videoxogos NES) é de 1 GB de memoria nandflash interna o que máis ou menos quere dicir que é quen de amorear preto de 270 cancións en formato mp3.
Porén, inclúe acceso de tarxetas SD para a ampliación inmediata do espazo de almacenamento, “facendo posible tamén o intercambio de material con outro tipo dispositivos que empreguen as devanditas tarxetas, como a meirande parte das cámaras fotográficas do mercado, por exemplo”, sinala Blusens.
Máis características, punto por punto
· O P41 é compatible con arquivos de imaxes JPG, BMP y GIF; audio MP3, MIDI, WMA, WAV, ACC, M4A y WMA; y vídeo AVI, MP4, 3GP, MPEG-4 (DivX, XviD).
· Inclúe unha ferramenta de conversión de vídeo para garantir a compatibilidade con todos os arquivos multimedia do usuario.
· Integra radio FM e permite a gravación de voz e son a a través dun micrófono incorporado.
· O seu peso é de 114 gramos.

PUBLICIDADE