A minineveira de Xbox poderá reservarse a semana que vén
venres, 15 de outubro do 2021
Tras facerse viral un
refrixerador cun deseño semellante ao da consola Xbox Series X, Microsoft prometeu
levar o concepto á práctica dun xeito ao alcance dos seus seareiros, e hoxe
confirman que grazas á colaboración con Ukonic o 19
de outubro abrirán a reserva do Xbox Series X Replica Mini Fridge
Thermoelectric Cooler, ou sexa da minineveira de Xbox.
Esta pequena neveira con forma de Xbox Series X presenta un deseño negro mate,
con iluminación LED e capacidade para até 12 latas de bebida, incluÃndo tamén
un par de estantes para aperitivos e un porto USB para poder cargar
dispositivos.
En Europa será posible adquirir a minineveira en establecementos de Game en
Reino Unido e de Game Stop e Micromania noutros paÃses entre os que non figura
España, onde polo momento semella que o único xeito de conseguir o novo trebello
será a través do distribuidor Toynk (presente en Amazon). Microsoft asegura que
ao longo de 2022 mellorarán a dispoñibilidade xeográfica deste atractivo
electrodoméstico.
VÃdeo de presentación da minineveira de Xbox