A nova Gear 360 ultima o seu lanzamento comercial
luns, 8 de maio do 2017
Tras a magnÃfica estrea
en España dos smartphones Samsung Galaxy S8 e S8+ (que superaron nun 30% ás
reservas que os móbiles insignia da compañÃa tiveron o ano pasado), quedaba por
saberse cando terÃamos dispoñible un dos seus amigos, a
edición de 2017 da cámara Gear 360, e finalmente ábrese a súa reserva vÃa web, de
xeito que a súa chegada ás tendas será inminente, podendo xa adquirirse
directamente nalgún mercado europeo como o alemán.
A primeira cámara Gear 360 chegara
a España en xuño do ano pasado a un prezo de 349 euros, e a edición deste
ano non só está mellorada, senón que tamén reduce considerablemente o seu prezo
até os 249 euros, facéndose moito máis accesible tanto en prezo como en número
de dispositivos cos que é compatible, xa que desta volta Samsung sorprende
incorporando compatibilidade co iPhone (mentres que en Android continúa a ser
preciso contar cun smartphone de alta gama de Samsung).
Aparte do evidente cambio de deseño da nova cámara, que agora é máis
ergonómica, a nova Gear 360 ten como a súa grande novidade que non só permite
gravar vÃdeo envolvente en 4K, senón que dende a súa aplicación móbil tamén
permite emitir en directo vÃdeo en 360 graos a través de Facebook e YouTube,
abrindo asà unhas posibilidade moi interesantes para os usuarios que queiran
compartir o que teñen ao seu redor en tempo real.
A Gear 360 emprega un par de cámaras de ollo de peixe para rexistrar a imaxe o
seu redor, realizando o cosido de ambas imaxes para a súa visualización envolvente
de xeito que pode compartirse ao momento nas redes sociais compatibles con este
formato, o que é unha vantaxe fronte a outras cámaras no mercado que precisan
dun ordenador para procesar os ficheiros capturados. A nova cámara tamén integra
unha tarxeta microSD (soportando tarxetas de até 256 GB) e a súa baterÃa serÃa
capaz de facilitar a gravación de até 130 minutos de vÃdeo envolvente. Tamén pode
disparar fotografÃas envolventes de até 15 MpÃxeles, que aÃnda que é unha
resolución menor que a da cámara do ano anterior, optouse por tal concesión
para reducir distorsións co cosido da imaxe, de xeito que conséguese unha maior
calidade.
A nivel de software a nova Gear 360 tamén conta con varias novidades interesantes,
como poder disparar fotografÃas panorámicas con HDR, xeración de imaxes en
formato Little Planet (un xeito
orixinal e divertido de ver as fotografÃas envolventes) e gravación de vÃdeo en
bucle (deste xeito, rematado o espazo na tarxetas microSD a cámara reescribirÃa
os minutos máis vellos da gravación, de xeito que se deixamos a cámara gravando
conectada a corrente teremos sempre as últimas horas gravadas cando volvamos á
mesma).