A nova tableta de Xiaomi terá acabado metálico e versión con Windows 10
martes, 24 de novembro do 2015
O fabricante chinés Xiaomi parece querer continuar a trunfar
no mercado dos smartphones e as tabletas con terminais elegantes, potentes e
económicos, mantendo o rumbo trazado nos últimos meses, pero apostando desta
volta polas carcasas metálicas (o que supón un plus de calidade) e algunha
sorpresa como o feito de que a súa nova tableta conte co opción de funcionar
con Windows 10 na súa versión de 64 GB que sairá á venda a finais de decembro
(de xeito que os usuarios poderán optar entre o sistema operativo de Microsoft
ou a versión de Android personalizada por Xiaomi).
Deste xeito o Mi Pad 2 serÃa unha evolución do popular Mi Pad (considerado
como a tableta máis semellante ao iPad mini que funciona con Android) que serÃa
un 18% máis delgado e 38 gramos máis lixeiro (quedando nun grosor de 6,95
milÃmetros e un peso de 322 gramos), e mudarÃa a súa oferta cromática anterior
por un acabado
metálico en cor gris escuro ou champaña ouro.
O Mi Pad 2
parece ter potencia dabondo para ser unha tableta máis que competente, xa
que funciona cun procesador Intel X5-Z8500 de 64 bits e 4 núcleos a 2,24 GHz, 2
GB de RAM LPDDR3, 16 ou 64 GB de almacenamento interno, pantalla IPS de 7,9
polgadas cunha resolución de 2.048 x 1.536 pÃxeles (ou sexa, a mesma resolución
que o iPad mini 4), cámaras de 8 e 5 MpÃxeles e baterÃa de 6.190 mAh con carga
rápida (que serÃa dabondo para reproducir vÃdeo até 12,5 horas) a través do seu
porto USB tipo C
(reversible).
Algunha das prestacións salientables do Mi Pad 3 serÃan o contar cun modo de
lectura que reduce a luz azul para reducir a fatiga visual e, na liña do que
fai Apple, conta con detección de presións accidentais na pantalla.
O Mi Pad 2 de 16 GB sairá á venda o vindeiro venres a 999 iuans (146,73 euros),
mentres que a versión de 64 GB (con Windows 10) non chegará até finais de
decembro a un prezo de 1.299 iuans (190,79 euros).