A pulseira Fitbit Force incorpora unha pequena pantalla OLED
xoves, 10 de outubro do 2013
As pulseiras de monitorización da nosa actividade fÃsica
diaria son unha tendencia emerxente que leva uns meses con bastante pulo, e
tras o éxito das Fitbit Ultra
e Flex anúnciase agora a Fitbit Force,
unha pulseira moi delgada, que pode rexistrar a nosa actividade diaria e tamén
facer un seguimento dos nosos ciclos de sono, e mesmo integra unha pequena
pantalla OLED para poder acceder ás nosas estatÃsticas de actividade sen sacar
o dispositivo do pulso.
A Fitbit Force rexistra os nosos pasos, a distancia que percorremos, as
calorÃas que queimamos, os minutos de actividade, os pisos que subimos... e
mentres durmimos pode axudarnos a saber como foi o noso descanso, contando
tamén coa posibilidade de disparar alarmas silenciosas e en breve espera contar
cunha opción para notificar cando recibamos unha chamada no móbil (aproveitando
a conectividade sen fÃos coa que conta o trebello).
- A Fitbit Force pode empregarse para monitorizar a nosa actividade fÃsica
Esta nova pulseira presume de ser a primeira da súa categorÃa en capturar e
amosar todas as súas estatÃsticas no pulso, asà como poder sincronizarse de xeito
automático e sen fÃos con smartphones Android ou iPhone e co ordenador, para
axudar a comprobar se cumprimos cos obxectivos que nos marquemos no noso dÃa a
dÃa.
A sincronización sen fÃos do Fitbit Ultra realÃzase por Bluetooth 4.0, o que no
caso de dispositivos con Android é especialmente doado por contar con NFC (o
que permite que se lanza a súa aplicación móbil con só por a pulseira en
contacto co teléfono); é compatible coas notificacións intelixentes de iOS 7 (a
partir do iPhone 4S), e inclúe un altÃmetro (que aproveita para facernos saber
a cantidade de andares que subimos cada dÃa). Un completo accesorio que sae á
venda por 129,95 dólares nos EE.UU. (é de esperar que en breve estea dispoñible
en España por 129,95 euros, tanto na páxina web de Fitbit como a través de
numerosos distribuidores).
- A pulseira pode rexistrar a nosa actividade fÃsica diaria