A pulseira Pokémon GO Plus chegará ao mercado o vindeiro dÃa 16
xoves, 8 de setembro do 2016
O
éxito de Pokémon GO foi moito maior
que o esperado, e o accesorio previsto para o xogo, a
pulseira Pokémon GO Plus, tivo que adiar o seu lanzamento ante a súa
elevada demanda, pero finalmente Nintendo confirma que o
vindeiro 16 de setembro teremos a pulseira en Europa, o que permitirá que
os xogadores de Pokémon GO poidan enlazar o accesorio co seu smartphone con
Android ou iOS a través de Bluetooth para recibir un aviso cada vez que hai un
Pokémon ou unha Poképarada preto.
Mediante vibración e unha luz LED de cor verde saberemos da proximidade dun
Pokémon, e para lanzarlle unha Poké Ball non será preciso sacar o móbil do
peto, senón que chegará con premer o botón do novo accesorio, que pestanexará e
vibrará no caso de que a captura fose realizada con éxito.
Cando a pulseira vibre e amose unha luz LED de cor azul saberemos que temos
preto unha Poképarada, e con só premer o botón da Pokémon GO Plus recibiremos
os obxectos da mesma.
A grande vantaxe de ambas funcións non é precisamente facilitar o control do
xogo, senón o feito de que a pulseira pode funcionar coa aplicación de Pokémon GO en segundo plano, ou sexa,
que non será preciso tela aberta coa pantalla acendida, o que reducirá o
elevado consumo de baterÃa deste célebre xogo.
- Durante a presentación do novo Apple Watch anunciaron que o reloxo de Apple poderá realizar as funcións da nova pulseira (e moitas máis)
Cómpre salientar que este non
será o único accesorio compatible co xogo, senón que durante a presentación do novo
Apple Watch destacouse que Niantic está a preparar unha aplicación para o
reloxo de Apple que non só facilitará as funcionalidades propias da nova
pulseira, senón que tamén incluirá moitas outras funcionalidades.
Os interesados en facerse coa pulseira poden acudir xa á
tenda en liña de Nintendo e pedir unha por 39,99 euros.