A versión internacional do ZUK Z1 funcionará cunha ROM de Cyanogen

venres, 21 de agosto do 2015 Marcus Fernández

A semana pasada vía a luz ZUK co seu smartphone Z1, un terminal con pantalla Full HD de 5,5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 801, 3 GB de RAM, 64 GB de almacenamento e cámaras de 13 e 8 Mpíxeles que polo seu axustado prezo (1.799 iuans/252,84 euros) conseguiu sumar uns 2 millóns de reservas, e hoxe mesmo terá lugar o lanzamento do seu modelo internacional (co mesmo hardware, pero distinto empaquetado), que correrá con Cyanogen OS 12.1 (sistema operativo baseado en Android 5.1.1) converténdose nun dos terminais máis atractivos do mercado para os usuarios que gustan de tal nivel de personalización e non queren complicarse a vida flasheando a ROM do seu teléfono.
Este smartphone 4G sorprende por contar cun porto USB-C 3.0, lector de pegadas dixitais e batería de 4.100 mAh, argumentos que convencerán a moitos para facerse con el, e aínda que nun principio se fala de hoxe como a data de lanzamento, entendemos que trátase da apertura do proceso de reservas, xa que dende Cyanogen datan a chegada do dispositivo a mediados do mes de outubro.

A principal diferenza entre a versión chinesa e a internacional do ZUK Z1 está no seu empaquetado.

PUBLICIDADE