ALDI venderá un dron con cámara por só 44,99 euros

luns, 7 de novembro do 2022 Marcus Fernández

A cadea de supermercados ALDI está a sorprender co seu catálogo de xoguetes que entra en vigor o vindeiro 23 de novembro, e no que podemos ver un dron da marca Maginon que inclúe un mando para facilitar o seu control dende o móbil a unha distancia de até 30-40 metros, que integra unha cámara de 2 Mpíxeles capaz de gravar vídeo a 720p na súa tarxeta SD de 8 GB (incluída), cun prezo de só 44,99 euros, o que podería animar a moitos rapaces a introducirse no mundo dos drons.
O cuadricóptero consegue voos estables grazas o seu xiroscopio de 6 eixes, conta con 3 velocidades de funcionamento, inclúe 4 hélices de recambio e 3 baterías AA permítenlle voar até 9-10 minutos. Durante o seu uso pode verse a imaxe captada pola cámara no móbil que teñamos colocado no mando a distancia do dron.
Cómpre salientar que estamos ante un produto, que aínda que se venda como un xoguete, ten hélices, polo que non se recomenda para menores de 16 anos.

O novo dron é un dos produtos máis salientables do novo catálogo de xoguetes de ALDI

PUBLICIDADE