AMPY, a baterÃa externa portátil que se carga co noso movemento
luns, 13 de outubro do 2014
- Correndo media hora podemos conseguir carga suficiente para que o noso smartphone funcione até 3 horas seguidas
Grazas a unha
campaña de micromecenado en Kickstarter a partires de xuño de 2015
poderemos ver un cargador co que moitos soñaban dende hai tempo, o AMPY, que achega a súa carga do movemento
do seu usuario, permitindo asà que a nosa actividade fÃsica sirva para recargar
o noso teléfono ou calquera outro trebello con entrada de corrente por USB.
Este curioso accesorio asegura que camiñando 10.000 pasos (considerado a media
diaria dunha persoa), andando en bicicleta durante unha hora ou correndo
durante 30 minutos poderiamos xerar a enerxÃa suficiente como para alimentar a
un smartphone durante 3 horas, un smartwatch
durante 24 horas e un monitor de actividade durante 72 horas.
- A nosa actividade diaria é suficiente para achegar enerxÃa para cargar algún dos nosos trebellos mediante o AMPY
Dende Kickstarter podemos facernos cun destes trebellos por un prezo que parte
dos 85 dólares (78,48 euros cos gastos de envÃo incluÃdos), ofrecéndose tamén
en lotes un chisco máis caros que incluirÃan accesorios como unha funda
protectora, unha pinza ou unha cinta para levar o AMPY no brazo. Tamén se
ofrece o AMPY en lotes de varias unidades, conseguÃndose asà unha pequena
rebaixa.
Como era de agardar, o produto en pouco máis dun par de dÃas conseguiu superar a
barreira dos 100.000 dólares que buscaba para completar o seu financiamento
mÃnimo, e garantir que o produto vexa a luz o ano que vén, agardándose que o
seu prezo de venda sexa superior que o que pagarán os mecenas que apoien o
proxecto.