ARCHOS actualiza a pantalla do ChildPad

venres, 3 de agosto do 2012 Marcus Fernández

ARCHOS, fabricante que domina o mercado de tablets de menos de 400 euros en Europa, sorprendeu a finais de marzo comercializando un tablet para un público infantil que destacaba por funcionar co sistema operativo Android 4.0 e custar só 99 euros, pero aínda que estivésemos ante un equipo cun procesador a 1 GHz, 1 Gb de RAM e unha pantalla de 7 polgadas, esta última resultou non ser capacitiva senón resistiva, o que proporcionaba unha experiencia de usuario bastante deficiente,defecto que parecen querer arranxar agora, o que supón un lixeiro incremento de prezo (de só 10 dólares nos EE.UU.). Aínda non sabemos cando veremos esta revisión do ChildPad en Europa, e aínda que continúa a ser un dispositivo de prestacións limitadas (a súa pantalla só ten unha resolución de 800 x 480 píxeles), estamos ante un tablet real, que permite navegar pola web (incluso con Flash), reproducir contidos multimedia e mesmo realizar videoconferencias, algo que pode sorprender polo seu reducido prezo.

Co ChildPad podemos gozar de aplicacións para Android, entre as que figuran multitude de xogos

PUBLICIDADE