ARCHOS anuncia o seu primeiro smartphone con procesador de 64 bits
xoves, 23 de outubro do 2014
O fabricante francés ARCHOS está a actualizar os seus
smartphones con Android para que inclúan as últimas tecnoloxÃas de cara ao ano
que vén, de aà que anuncien
xa o lanzamento do novo ARCHOS 50 Diamond, un smartphone 4G que busca
facerse un oco no mercado cunha boa potencia, unha pantalla IPS Full HD de 5
polgadas e un prezo de 199,99 euros.
Este novo terminal funcionará cun procesador Qualcomm Snapdragon 615 de 64 bits
e 8 núcleos a 1,7 GHz (o que permitiralle tirar proveito de conexións 4G de até
150 Mbps), 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante
tarxetas microSD de até 64 Gb), cámaras de 16 e 8 MpÃxeles, soporte para dúas
tarxetas micro SIM, baterÃa de 2.700 mAh que pode cargarse sen fÃos, un grosor
de só 8 milÃmetros e un peso de 142 gramos. Un smartphone realmente atractivo
que chegará a primeiros de 2015 con Android 4.4.4.