ARCHOS anuncia un tablet infantil económico con Android 4.0

venres, 2 de marzo do 2012 Marcus Fernández

O fabricante francés ARCHOS, reforzando o seu dominio europeo entre os tablets de menos de 400 euros, sorprende presentando un tablet dirixido ao público infantil, o ChildPad, que cunha pantalla capacitiva de 7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles, procesador a 1 GHz, 1 Gb de RAM e incluso o sistema operativo Android 4.0 chegará ás tendas a finais de marzo por só 99 euros, polo que sería o dispositivo deste tipo máis económico do mercado europeo.
O tablet ChildPlay inclúe acceso á categoría infantil da tenda de aplicacións Appslib, que ten 14 sub categorías e máis de 10.000 aplicacións que inclúen xogos, lecer, comunicación, multimedia, libros, comics, deportes... gozando tamén dunha interface gráfica con iconas de cores rechamantes e cartafoles con xogos, programas educativos e unha completa selección de aplicacións das que gozarán os cativos, entre as que non faltan Angry Birds, Pig Rush e Flight Frenzy.
A nova tablet de ARCHOS cumpre coas normativas CIPA e COPPA que garanten un contorno seguro para os nenos e ofrecen un servizo de control parental para tranquilidade dos proxenitores máis responsables.

PUBLICIDADE