ARCHOS anuncia unha tableta orientada aos xogos de mesa
venres, 22 de marzo do 2019
Dende ARCHOS sorprenderan en 2012 coa súa tableta
ARNOVA FamilyPad, que cun tamaño de 13,3 polgadas buscaba converterse nun
dispositivo de uso familiar, e aÃnda que ese produto non conseguiu grande
visibilidade, agora recuncan coa ARCHOS
Play Tab, unha tableta cunha pantalla Full HD de 21,5 polgadas que quere
convertese nun taboleiro de xogos para usar en grupo, de xeito que sexa un
produto máis social que as tabletas de pequeno tamaño, aÃnda que para ter este
produto teremos que agardar até a volta
ao cole (ou sexa, a finais do verán), cando sairá á venda a un prezo de 249 euros.
A ARCHOS Play Tab chegará cun procesador de 8 núcleos, 3 GB de RAM, 32 GB de
almacenamento, a mencionada pantalla de 21,5 polgadas cun cristal de 6 milÃmetros
lamiado e temperado para resistir golpes e salpicaduras, baterÃa de 5.000 mAh e
Android 9 con acceso á tenda de aplicacións de Google. Con este hardware, que
resultarÃa sumamente incómodo para un uso persoal, temos unha configuración
axeitada para empregalo pousado sobre a mesa a xeito de taboleiro de xogo para
poder gozar de versións electrónicas de xogos de mesa como Carcassonne, Gloomheaven,
Monopoly, Pandemic, Scrabble, Colonos de Catan, The Room, UNO e moitos outros,
existindo centos de tÃtulos para Android que poderÃan gozarse comodamente en
veladas de xogos de mesa, sen ter que ter unha grande colección de xogos en
formato fÃsicos (e o conseguinte espazo que ocupan).
- A pantalla de 21,5 polgadas fai que a tableta sexa ideal para o seu uso sobre a mesa como taboleiro de xogo