ARCHOS estrea a familia Elements cun tablet de 9,7 polgadas

venres, 6 de xullo do 2012 Marcus Fernández

Continúan a chegar ao mercado tablets semellantes ao iPad 2, pero co sistema operativo Android 4.0 e un prezo máis axustado, de xeito que este mesmo mes por 249,99 euros teremos o ARCHOS 97 Carbon, da gama ARCHOS Elements, que conta con certificación de Google e presume dun elegante corpo de aluminio, unha pantalla IPS de 9,7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles, saída mini HDMI, un grosor de 11,5 milímetros e un peso de 620 gramos.
O ARCHOS 97 Carbon funciona cun procesador ARM Cortex A8 a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb, USB 2.0, Wi-Fi N, 2 altofalantes, cámaras de 0,3 e 2 Mpíxeles e unha autonomía de ata 8 horas reproducindo vídeo, polo que estamos ante un dispositivo bastante interesante para o acceso á Internet (soporta Flash Player 11), a reprodución multimedia (soporta vídeos en alta definición a 1.080p), a realización de videoconferencias e o acceso a un catálogo de aplicacións para Android en Google Play.

PUBLICIDADE