ARCHOS estrea unha liña de smartphones con Android

xoves, 18 de abril do 2013 Marcus Fernández

Tras unha boa acollida dos seus tablets con Android, ARCHOS atrévese a dar o salto ao mundo dos smartphones, e presenta a súa primeira liña de móbiles intelixentes de dobre SIM e cun rango de prezo que vai dende os 89 ata os 269 euros. Estes novos teléfonos chegarán ao mercado o mes que vén, partindo co ARCHOS 35 Carbon, un smartpohne con Android 4.0 que conta cunha pantalla IPS de 3,5 polgadas cunha resolución de 480 x 320 píxeles, funciona cun procesador Qualcomm 7225A a 1 GHz, 512 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb, cámaras VGA, Bluetooth 3.0, sintonizador de radio FM, batería de 1.300 mAh, un grosor de 10,2 milímetros e 105 gramos de peso, que como comentamos, venderase libre por só 89 euros, converténdose nun dos smartphones libres máis económicos que podemos atopar en tendas.
Máis esixente é xa o ARCHOS 50 Platinum, que chegará con Android 4.1.2 e pantalla IPS de 5 polgadas cunha resolución de 960 x 540 píxeles, funcionando cun procesador Qualcomm 8225Q de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 64 Gb, cámaras de 8 e 2 Mpíxeles, Bluetooth 3.0, batería de 2.000 mAh, un grosor de 8,9 milímetros e un peso de 160,2 gramos, que pese a estas boas prestacións consegue manter o seu prezo en 219 euros.
Moi semellante a este último sería o ARCHOS 53 Platinum, que muda principalmente en 2 factores: a pantalla medra ata as 5,3 polgadas e a batería ata os 2.800 mAh. Estes elementos tamén incrementan o grosor a 9,25 milímetros, o peso a 189,9 gramos e o prezo a 269 euros, continuando a ser bastante máis barato que a meirande parte dos tabletófonos que podemos atopar nas tendas.

O ARCHOS 53 Platinum terá unha pantalla de 5,3 polgadas e unha batería de 2.800 mAH

PUBLICIDADE