ARCHOS porá á venda a finais de mes o seu novo tablet para xogar
mércores, 9 de outubro do 2013
Tras unha filtración nunha
páxina web de Hong Kong, finalmente confÃrmase que ARCHOS vai pór á venda a
finais deste mesmo mes a un prezo de 179,99 euros o seu novo tablet GamePad2,
que combina unha pantalla IPS de 7 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800
pÃxeles con controis fÃsicos para facilitar o uso de videoxogos e emuladores
dende este dispositivo con Android 4.2.
A revisión do popular ARCHOS GamePad mellora a súa resolución de pantalla, os
seus controis, a autonomÃa e o procesador, e para poder probar o seu bo
rendemento inclúe as versións completas dos xogos Asphalt 8: Airborne e Modern
Combat 4: Zero Hour, que aproveitan os controis fÃsicos deste atractivo
produto.
O ARCHOS
GamePad2 funciona cun procesador A9 de catro núcleos a 1,6 GHz e 2 Gb de
RAM, polo que deberÃa correr sen problema todos os xogos para Android actuais,
e no caso de quere gozar de tÃtulos que fagan uso de controis virtuais, estes
poden mapearse a través dunha ferramenta de software incluÃda no GamePad2, ou
sexa, que poden substituÃrse os toques na pantalla por botóns e mandos,
conseguindo unha experiencia de xogo máis precisa (por ter o usuario unha
resposta táctil do que está a facer).
O novo tablet venderase en versións con 8 e 16 Gb de almacenamento interno,
ampliable mediante tarxetas de memoria microSD de ata 64 Gb. Tamén é posible
conectalo ao televisor por HDMI (o cable non virá incluÃdo) e incluso
aproveitarse para a realización de videoconferencias graza a que inclúe unha
cámara frontal.
O ARCHOS GamePad2 comercializarase cos versións completas de 2 xogos de Gameloft precargados