ARCHOS presenta smartphones con Android 5.1 e Windows 10 que custarán só 129 euros

martes, 25 de agosto do 2015 Marcus Fernández

No mes de novembro o fabricante francés ARCHOS vai pór á venda por un prezo de só 129 euros un par de smartphones con pantalla IPS de 5 polgadas (cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles) que compartindo hardware diferirán no seu sistema operativo, de xeito que o usuario será que decida se mercalo con Android 5.1 ou con Windows 10 para móbiles.
O dispositivo con Android 5.1 será o ARCHOS 50e Helium, mentres que o ARCHOS 50 Cesium funcionará con Windows 10, contando ambos con conectividade 4G, polo que semellan unha excelente opción para os usuarios que queren un smartphone económico e gozar dos últimos sistemas operativos móbiles.
De todos os xeitos cómpre destacaar que estamos ante dispositivos de reducida potencial, que funcionan cun procesador Qualcomm Snapdragon 210 de catro núcleos a 1,1 GHz, 1 GB de RAM, 8 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 32 GB), dobre SIM, cámara traseira de 8 Mpíxeles con enfoque automático e flash LED, cámara frontal de 2 Mpíxeles, Bluetooth 4.0, batería de 2.100 mAh e un grosor de 8,5 milímetros.

PUBLICIDADE