ARCHOS propón un tablet de 13,3 polgadas para uso familiar
mércores, 21 de novembro do 2012
Cando nos estabamos a afacer a que os tamaños
estándar para tablets fosen as 7 e 10,1 polgadas (en pantallas panorámicas)
dende ARCHOS sorpréndenos e anuncian o ARNOVA
FamilyPad, un tablet orientado para o uso doméstico que destaca pola súa
pantalla de 13,3 polgadas cunha resolución de 13,3 polgadas, que resulta ideal
para utilizar en familia como ben indica o seu nome, de xeito que o seu tamaño
actúa simultaneamente como principal fortaleza e debilidade, pois o seu tamaño
réstalle portabilidade pero pode resultar moi atractivo para o consumo de
contidos na casa ou na oficina.
Dende ARCHOS destacan que a pantalla capacitiva do novo tablet detecta ata 10
puntos, polo que resulta ideal para xogar en familia (hai xogos que permiten
competir a dous usuarios á vez a pantalla partida), o seu tamaño faino ideal
para compartir pelÃculas e fotografÃas e tamén propoñen o seu uso como
organizador persoal coa posibilidade de configurar no mesmo varias contas de
correo electrónico.
Este novo tablet chegará ás tendas en decembro a un prezo de 299 euros e entre
as súas prestacións está o sistema operativo Android 4.0, un procesador ARM
Cortex A8 a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno ampliable
mediante tarxetas de memoria microSDHC de ata 32 Gb, 1 porto micro USB 2.0 para
dispositivos externos, saÃda HDMI e cámaras frontal e traseira de 2 MpÃxeles
cada unha. Tamén inclúe un soporte para poder colocalo sobre a mesa e facilitar
a visualización de vÃdeos como se estivesen na pantalla dun ordenador portátil.