Acer AspireRevo, un ordenador cativo con saída de alta definición

mércores, 8 de abril do 2009 Marcus Fernández

Acer presentou de xeito oficial o seu novo nettop AspireRevo, que é un pequeno equipo que funciona cun procesador Intel Atom N230 ou N330; con tecnoloxía nVIDIA Ion para permitir a reprodución de vídeo de alta definición (ata 1.080p), o uso de videoxogos compatibles con DirectX 10 e o aproveitamento da interface gráfica de Windows Vista; con ata 4 Gb de RAM, distintas opcións de disco duro, 6 portos USB 2.0, Gigabit Ethernet, Wi-Fi, lector de tarxetas de memoria e saídas de vídeo tanto VGA coma HDMI.
Teriamos así un equipo ideal para colocar no salón coma Media Center, cunha aparencia comparable á da Wii de Nintendo, aínda que haberá que agardar para coñecer a súa data de lanzamento e o seu prezo de venda ao público (que podería estar bastante axustado).

O Acer AspireRevo ocupa realmente pouco espazo no escritorio, e podería pasar por unha Wii

PUBLICIDADE