Acer estrea un tablet de 7 polgadas e 16 Gb de almacenamento por só 139 euros
luns, 25 de febreiro do 2013
O Nexus 7 de Google co seu prezo de 199 euros marcou un paso
a seguir por moitos fabricantes para achegar ao mercado tablets cun prezo
asumible e boas prestacións, e avanzando na mesma liña dende Acer aproveitan a
súa participación no Mobile World Congress para anunciar o Acer Iconia B1A71,
que chegará
estes dÃas ás tendas nun modelo con 16 Gb de capacidade por só 139 euros
(mentres que o modelo de 8 Gb xa pode mercarse por 119 euros).
Acer propón este tablet económico como unha opción ideal para unha cómoda
lectura de textos electrónicos, navegar por páxinas web, xogar e ver vÃdeos,
que pode transportarse comodamente grazas ao seu reducido tamaño e o seu pouco
peso (320 gramos).
Estamos ante un tablet con pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 1.024 x
600 pÃxeles, procesador MTK 8317T de dobre núcleo a 1,2 GHz, Wi-Fi N, Bluetooth
4.0, GPS, lector de tarxetas microSD de ata 32 Gb, cámara frontal de 0,3
MpÃxeles, microUSB 2.0, baterÃa de 2.710 mAh e sistema operativo Android 4.1,
polo que resulta unha solución válida para os usuarios pouco esixentes.