Acer prepara dispositivos con Android con pantallas de 4,8, 7 e 10,1 polgadas
martes, 23 de novembro do 2010
Acer adiantou
hoxe o que será a súa estratexia de dispositivos con Android para os vindeiros
meses, de xeito que para a primavera de 2011 terá listos un
par de dispositivos tipo tablet con pantallas de 7 e 10,1 polgadas cunha
resolución de 1.280 x 800 pÃxeles (cunha proporción de 16:10) e un móbil con
pantalla de 4,8 polgadas cunha resolución de 1.024 x 480 pÃxeles.
Con esta gama de trebellos Acer parece querer competir co iPad, o Samsung
Galaxy Tab e o Dell Streak, pois aposta por distintos tamaños de pantalla de
xeito que queda nas mans do usuario a elección do tamaño máis apto para as súas
necesidades.
Os tablets anunciados contarÃan con cámara frontal para videoconferencia,
soporte de Flash, Wi-Fi, ·3G, soporte de DLNA, procesador a 1,2 GHz e, no caso
do modelo de 10,1 polgadas, tecnoloxÃa Tegra de dobre núcleo que posibilitarÃa
a reprodución de vÃdeo en alta definición, contando tamén con saÃda HDMI.
O móbil
de 4,8 polgadas de Acer tamén presume de ser un tablet (aÃnda que en rigor
deberiamos chamarlle MID), e sorprende pola súa resolución de 1.024 x 480
pÃxeles cunha proporción de 21:9 (moito máis panorámica do que estamos afeitos,
co que pretenden evitar a necesidade de facer zoom para ler páxinas web),
cámara de 8 MpÃxeles con flash LED e gravación de vÃdeo a 720p, cámara frontal
de 2 MpÃxeles para vÃdeoconferencia, procesador Snapdragon a 1 GHz, corpo
metálico, soporte de Flash Player 10.1, conectividade HSDPA, Wi-Fi N, Bluetooth
3.0 e saÃda HDMI. Por desgraza, as dimensións deste móbil (141,7 x 64 x 13,3
milÃmetros) veñen acompañadas por un peso considerable (170 gramos) e haberá
que agardar a abril de 2011 para velo nas tendas.