Acer prepara un lector de e-books para o outono

xoves, 26 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Aínda que o Kindle e o NOOK sexan lectores de libros electrónicos consolidados nos EE.UU., noutros mercados non parece existir dispositivos deste tipo de referencia, o que leva a algúns fabricantes a lanzar produtos deste tipo, de xeito que na vindeira edición da feira IFA de Berlín poderá verse o Acer LumiRead, dispositivo que está previsto que saia á venda en outubro (coma mínimo, en Alemaña) a un prezo que podería estar preto dos 250 euros.
O LumiRead contaría cun teclado físico na súa parte inferior (na mesma liña que o Kindle de Amazon) e un lector de códigos de barras para o recoñecemento de códigos ISBN. Terá pantalla E Ink de 6 polgadas cunha resolución de 600 x 800 píxeles, Wi-Fi, 3G, 2 Gb de memoria interna, lector de tarxetas microSD e coméntase que podería comercializarse tamén unha versión sen 3G que, aparte de máis económica, tamén sería máis lixeira. No tocante aos seus contidos, Acer chegou a acordos con Barnes & Noble, a chinesa Founder e a xermana Libri.de para poder levar o seu catálogo de e-books ao LumiRead.


Vídeo promocional do novo Acer LumiRead

PUBLICIDADE