Adaptador para dotar de Bluetooth estéreo ao iPhone e aos iPod
xoves, 17 de xullo do 2008
Á popular tenda virtual de
Brando veñen de incorporar un accesorio para o iPhone que vén de solucionar
unha das principais eivas do dispositivo, incorporando
ao mesmo conectividade A2DP, ou sexa
Bluetooth estéreo, de xeito que conectando un pequeno
adaptador de só 5 gramos de peso podemos facer que o móbil de Apple envío sen
fíos a música que se reproduza no mesmo a auriculares Bluetooth ou ao equipos
de son de moitos automóbiles.
O
transmisor de audio Bluetooth véndese por 62 dólares (39,68 euros),
non precisa cargarse (xa que se alimenta directamente do iPhone), soporta
funcións de manexo do dispositivo multimedia (entende as instrucións de reprodución,
pausa, avance, retroceso e cambio de volume) e incluso é compatible con outros
reprodutores de Apple coma o iPod Touch, o iPod nano, o iPod mini ou o iPod
Video.