Adiantan boa parte das caracterÃsticas do Mi 9
martes, 19 de febreiro do 2019
AÃnda que a presentación de Xiaomi non está prevista até a
xornada de mañá, o fabricante chinés leva varios dÃas debullando as
caracterÃsticas do seu novo smartphone insignia, de xeito case non queda nada
por saber do novo Mi 9, que será un terminal cunha pantalla AMOLED Full HD+ fabricada
por Samsung que ocupará o 90,7% da frontal do dispositivo, presentará unha
pequena pestana central na súa parte superior (para a cámara frontal) e
integrará lector de pegadas dixitais; funcionará cun procesador Qualcomm
Snapdragon 855; e presumirá da súa cámara traseira tripla, que combinará un
sensor de 48 MpÃxeles con apertura f/1.75 (capaz de tomar imaxes de 12 MpÃxeles
de grande calidade sumando a información recollida por bloques de 4 pÃxeles),
cámara de grande angular (117 graos) de 16 MpÃxeles, e un sensor de 12 MpÃxeles
con zoom óptico de 2x.
O Mi 9 tamén aposta por un son de calidade e grande volume, integrará NFC para
pagamentos móbiles e infravermellos para operar como mando a distancia, e
incluso contará cun botón dedicado para invocar ao Asistente de Google.
Temos asà un produto bastante completo e competente, do que a principal dúbida
serÃan os prezos das súas diferentes configuracións de memoria e a data na que
chegará a cada un dos mercados nos que está presente Xiaomi actualmente.
- O Mi 9 terá un botón dedicado para facer uso do Asistente de Google
- O Mi 9 presume dunha cámara traseira tripla